FSC-CCOO Galicia | 28 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Convocada folga do persoal de Atento Coruña

    • Paro de 24 horas e unha concentración de traballadores e traballadoras o 8 de setembro

    CCOO apoia ao Comité de Empresa de Atento Coruña na convocatoria dun paro de 24 horas e una concentración o 8 de setembro esixindo a readmisión dos compañeiros e en defensa de os seus postos de traballo 

    31/08/2023.
    folga do persoal de Atento Coruña

    folga do persoal de Atento Coruña

    O Comité de Empresa de Atento Coruña reuniuse o 30 de setembro e acordou unhas mobilizacións para o 8 de setembro despois de que a empresa volvese á carga co despedimento de 5 traballadores do servizo SST-1002 que realizaban a súa actividade na quenda de fin de semana.

    O falso argumento da empresa para realizar este novo ataque á empresa é o baixo rendemento. A realidade é que a quenda de fin de semana se esta desmantelando sen motivo e tentando que pase de maneira desapercibida.

    O Comité de Empresa, de forma unánime, acordou convocar un paro de 24 horas para o próximo 8 de setembro, día no que tamén haberá unha concentración ás 12 da mañá, diante do centro de traballo na rúa Juan Flórez. CCOO xunto ao resto do Comité de Empresa esixe a readmisión dos compañeiros despedidos e frear a destrución inxustificada dos postos de traballo, nunha plataforma cuxa persoal cada ano vese máis mermada