FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Salario Mínimo Interprofesional

    Coa última suba, o SMI supera algunhas das categorías laborais dos centros de Contact Center

    • O Salario Minimo Interprofesional

    CCOO esixe a regulación desde o 1 de xaneiro de todas as nóminas que xa teñen un salario inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI) e un compromiso firme á patronal de adiantar, polo menos, todo o perdido ata o momento.

    10/02/2022.
    Salario Mínimo Interprofesional

    Salario Mínimo Interprofesional

    A ministra de Traballo anunciou o acordo cos sindicatos CCOO e UGT da suba do SMI a 1000 euros. É a primeira vez na historia da democracia que este é máis elevado ca algunha das categorías do Convenio de Contact Center (centros de chamadas).

    Dous anos de infrutuosa negociación de convenio sen ningún avance, cunha inflación desbocada do último ano, provocaron esta situación.

    Se o día 24 de febreiro non se produce na mesa negociadora un avance a conta da suba salarial de convenio, iniciaremos un proceso de mobilizacións en todo o sector.

    O sindicato esixe desde XA a regulación desde o 1 de xaneiro de todas as nóminas que xa teñen un salario inferior e este 24 de febreiro un compromiso firme de adiantar, polo menos, todo o perdido ata hoxe. Esta situación non debe prorrogarse nin un día máis.

    Se isto non se arranxa decontado e a patronal CEX non empeza a tomar en serio as negociacións do convenio polas boas, terán en fronte a todas as persoas traballadoras dos centros de chamadas para que escoiten as súas voces, case cen mil.

    CCOO anímavos a seguir atentamente todos os chamamentos á mobilización que se van producir nos vindeiros días.