FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO rexeita o ERE forzoso en MásOrange

      O martes, 17 de setembro, tivo lugar a primeira mesa de negociación do ERE en MásOrange, que dá emprego a 187 persoas en Galicia. CCOO amosou a súa oposición ao que considera un despedimento colectivo forzoso, pois a empresa prevé despedir persoal se non houber abondas adhesións voluntarias a esta regulación de emprego.

      18/09/2024.
      Non ao ERE en MásOrange

      Non ao ERE en MásOrange

      Para tentar xustificar o ERE, que afectaría a case 800 persoas, a empresa alega unhas supostas causas económicas, produtivas e organizativas que o sindicato xa está a analizar, pois CCOO non considera que haxa razóns para esta medida.

      Ademais, CCOO considera ilexítima a mesa de negociación, pois coida que crea de xeito ficticio un aparente grupo laboral que non se corresponde coa realidade económica e empresarial da compañía. Isto, co obxectivo de desvirtuar a representatividade social.

      CCOO adoptará cantas medidas estean da súa man para defender os postos de traballo en MásOrange.