FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Seguimento masivo da segunda xornada de folga en Abai

      Os traballadores e traballadoras de Abai na Coruña, a antiga Extel, manifestáronse este luns na súa segunda xornada de folga —a anterior foi o día 13— para rexeitar o expediente de regulación de emprego (ERE) na compañía.

      20/06/2023.
      Xornada de folga contra o ERE en Abai, a antiga Extel-A Coruña (19/6/2023)

      Xornada de folga contra o ERE en Abai, a antiga Extel-A Coruña (19/6/2023)

      En todo o Estado, o ERTE afectaría a 341 persoas, 70 delas na Coruña. Noutras palabras, unha de cada cinco traballadoras e traballadores afectados por esta regulación de emprego estatal estarían no centro de traballo coruñés.

      Segundo o comité, a pretensión da dirección «é clara: mandarnos ao paro durante un ano, que pode ser prorrogado, someténdonos á máis absoluta miseria». Con esta medida, denuncian, a empresa pretende «conseguir maiores beneficios á conta do ataque directo aos nosos dereitos laborais e do diñeiro público».

      CCOO, sindicato maioritario en Abai no ámbito estatal, subliña que «nesta empresa non sobra ninguén», e así o fará saber na mesa de negociación do ERTE, onde conta con 5 dos 13 representantes sindicais.