FSC-CCOO Galicia | 28 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO gaña as eleccións sindicais en Telyco Pontevedra

      Este 22 de febreiro celebráronse as eleccións sindicais para renovar a representación sindical en Telyco da provincia de Pontevedra. O incremento de persoal nos últimos anos neste territorio propiciou que se pasara de un a tres representantes. Cunha participación aproximada do 80 %, CCOO obtivo uns resultados que posibilitan conseguir dúas das tres persoas delegadas que se elixían.

      23/02/2022.
      Eleccións Sindicais Telyco Pontevedra

      Eleccións Sindicais Telyco Pontevedra

      O sindicato dálles as grazas a todas as persoas que o apoiaron, especialmente aos compañeiros e compañeiras que se presentaron por CCOO para representar e traballar na mellora das relacións laborais. Así mesmo, expresa o seu recoñecemento aos membros da mesa polo seu traballo e o tempo dedicado ao proceso.

      Ábrese unha nova etapa en Pontevedra. Desde CCOO traballamos para a mellora e defensa das condicións laborais, un labor sindical especialmente necesario nestes momentos de cambios dixitais e transformación dos hábitos de consumo.