FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O comité de Abai na Coruña rexeita o ERTE e convoca dúas xornadas de folga

      O comité de empresa de Abai Business Solutions na Coruña (a antiga Extel) rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) formulado pola compañía no ámbito estatal. Como reacción, convoca dúas xornadas de folga para os días 13 e 19 de xuño. Así o anuncian os sindicatos CCOO, CGT, CIG e UGT, que cualifican de «despropósito» a pretensión da empresa.

      08/06/2023.
      Concentración diante do centro de traballo de Abai, na Coruña, con motivo da folga (20/10/2021)

      Concentración diante do centro de traballo de Abai, na Coruña, con motivo da folga (20/10/2021)

      En todo o Estado, o ERTE afectaría a 341 persoas, 70 delas na Coruña. Noutras palabras, unha de cada cinco traballadoras ou traballadores afectados por esta regulación de emprego estatal estarían no centro de traballo coruñés.

      Segundo o comité, a pretensión da dirección «é clara: mandarnos ao paro durante un ano, que pode ser prorrogado, someténdonos á máis absoluta miseria». Con esta medida, denuncian, a empresa pretende «conseguir maiores beneficios á conta do ataque directo aos nosos dereitos laborais e do diñeiro público».

      Durante a primeira xornada de folga, o martes 13 de xuño, haberá unha concentración ás 12 horas diante do centro de traballo, situado no edificio Proa, no barrio coruñés de Matogrande.

      CCOO, sindicato maioritario en Abai no ámbito estatal, subliña que «nesta empresa non sobra ninguén», e así o fará saber na mesa de negociación do ERTE, onde conta con 5 dos 13 representantes sindicais.