FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Gran seguimento da folga dos centros de chamadas

      A Federación de Servizos de CCOO de Galicia destaca o gran seguimento no comezo da folga de 24 horas convocada para este luns no sector de centros de chamadas (contact center), así como na manifestación principal que tivo lugar en Vigo.

      13/06/2022.
      Manifestación en Vigo do sector de centros de chamadas

      Manifestación en Vigo do sector de centros de chamadas

      Na última reunión da mesa negociadora do convenio, CCOO e UGT demandaron un xiro na negociación. Malia que a próxima xuntanza está fixada para o 28 de xuño, só se reunirán cando as empresas presenten unha proposta conforme ás necesidades do persoal.

      A posición que defende CCOO canto ao incremento salarial viña tendo eco nas empresas, ata o punto de que varias delas (Abai, Intrum, Concentrix, Lananden, Jazzplat, Oest e Telecyl) xa están aplicando ou van aplicar subas salariais no 2022, que posteriormente se axustarán ao que se pacte no convenio.

      CCOO aplaude esta decisión e salienta que «é de xustiza» unha revisión salarial para as persoas traballadoras do sector, que perciben unha media de ingresos brutos mensuais de 800 euros que non se actualizan desde 2019, malia que o IPC leva dous anos «desbocado».

      Alén do aspecto salarial, no convenio cómpre dar solución a outros problemas:

      — Débeselle diñeiro ao persoal desde marzo do 2020.

      — Regulación e compensación do teletraballo.

      — Xornadas parciais non desexadas que condenan a baixos salarios e paupérrimas cotizacións de cara a unha pensión futura.

      — Ampliacións temporais de xornada que nunca se consolidan.

      — Abuso da contratación mediante ETT.

      — Continuos ERE e ERTE no sector pola teima da patronal de non incluír a obriga de subrogación como medida de estabilidade do emprego.