FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Non haberá saídas forzosas no ERE do Grupo de Empresas Telefónica

      Finalizado este 8 de febreiro o prazo de adscrición voluntaria ao proceso de despedimento colectivo (ERE) que se iniciou o pasado 9 de xaneiro, presentáronse un total de 3640 persoas, o que significa que non haberá ningunha saída forzosa.

      09/02/2024.
      Telefonica

      Telefonica

      Onte, 8 de febreiro, pechouse o período de adscrición voluntaria a proceso de despedimento colectivo (ERE) que se iniciara o pasado 9 de xaneiro. Segundo nos informa a empresa, as persoas que se adheriron ao plan e entran nas cotas formuladas foron as siguientes:

       

      ·         Telefónica de España (TdE) 2946

       ·         Telefónica Móviles España (TME )391

       ·         Telefónica de Soluciones Informáticas (TSol)  56 

      En total, 3393 compañeiras e compañeiros adscribíronse voluntariamente para finalizar a súa relación laboral coa empresa. A esta cifra habería que lle sumar as persoas que estarían fóra das cotas planeadas nas unidades non excedentarias: 247 persoas. O total xeral de adhesións foi de 3640, polo que non poderá haber ningunha saída forzosa da empresa.

       Desde o asinamento do acordo, CCOO tivo claro que a Comisión de Seguimento debía seguir mellorando as condicións do proceso, conseguindo maiores beneficios e aclarando situacións respecto da xubilación, desemprego, rendas…

       Canto ao salario regulador, logrouse a inclusión dos bienios e saltos de nivel, a non penalización por realizar xornada flexible bonificada, a limitación ao 15 % máximo do salario regulador ás persoas con xornada reducida voluntaria ou a inclusión no caso de TdE do complemento de conducir para aquelas persoas que non o teñen de maneira estable.

       Non podiamos esquecernos das persoas fóra de convenio, e desde CCOO reclamamos que a renda recoñecida a este colectivo non poida ser inferior á que correspondería en situación de dentro de convenio.

       Por outro lado, o sindicato conseguiu que as rendas de 63 a 65 anos non se detraian da prestación por desemprego, sen que teña baixada a retribución, ou adiantar á saída a indemnización mínima para poder asegurar o paso á xubilación.

       Neste punto, CCOO quería que todas as persoas puidesen asegurarse a súa xubilación involuntaria á idade que dispoñan, adiantando o cobro da anualidade á idade de xubilación se non se percibiu.

       Así mesmo, a nosa organización fixo posible que para aquelas persoas traballadoras que solicitaron a súa adhesión no anterior proceso de adecuación de persoal e lles foi denegada por pertenceren a áreas críticas e que causen baixa voluntariamente neste despedimento colectivo, as súas condicións económicas calcularanse aplicando as condicións actuais do colectivo ao que pertencían no pasado PSI.

       Desde CCOO non esquecemos cuestións sociais, ampliando a protección ás persoas traballadoras con descendentes con incapacidade, conseguindo a duplicidade no plan de accións anual da empresa ou creando opcións para o mantemento das coberturas na póliza de saúde.

       Por outra parte, as persoas que se acolleron ao programa de regulación de emprego gozarán nas mesmas condicións das vantaxes dos fondos sociais ou das ofertas comerciais para o persoal.

       CCOO seguirá traballando para tratar no seo da comisión as posibles casuísticas que poidan seguir xurdindo antes e despois da saída das persoas traballadoras e poder xerar expectativas de saída a todas as 3640 persoas adscritas voluntariamente ao Plan.