FSC-CCOO Galicia | 9 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Medidas de flexibilización dos mecanismos de axuste temporal de actividade para evitar despedimentos

      Medidas excepcionais en relación cos procedementos de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior.

      18/03/2020.

      As suspensións de contrato e reducións de xornada que teñan a súa causa directa en perdas de actividade como consecuencia do COVID-19, incluída a declaración do estado de alarma, que impliquen suspensión ou cancelación de actividades, peche temporal de locais de afluencia pública, restricións no transporte público e, en xeral, da mobilidade das persoas e/ou as mercadorías, falta de subministracións que impidan gravemente continuar co desenvolvemento ordinario da actividade, ou ben en situacións urxentes e extraordinarias debidas ao contaxio do persoal ou a adopción de medidas de illamento preventivo decretados pola autoridade sanitaria, que queden debidamente acreditadas, terán a consideración de provenientes dunha situación de forza maior.

      Máis información no documento anexo a esta nota informativa.