FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Os equipamentos de comunicación TETRA, nos que a Xunta investiu cifras multimillonarias, non son axeitados para os bombeiros

      Os equipos TETRA da Xunta non lles resultaron operativos aos corpos de bombeiros durante o incendio de Fandicosta, así o afirma a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia nesta nota informativa dirixida aos medios de comunicación e que publicamos no PDF adxunto

      26/05/2016.
      Sinistro de Fandicosta

      Sinistro de Fandicosta

      O pasado mércores 25 puidemos ler en distintos medios escritos a resposta que daba a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, ás alusións que facía a representación legal dos traballadores dos parques de Bombeiros do Morrazo, O Porriño e O Salnés, no tocante á descoordinación que se apreciou no sinistro de Fandicosta entre os distintos corpos de extinción de incendios.

      Segundo a Xunta de Galicia, parece incomprensible que se producira esa descoordinación, dado que a entidade autonómica fixo entrega de 56 terminais de comunicación (basicamente emisoras de radio) ao Consorcio ao que pertencen os parques denunciantes e que, segundo asegura a Xunta, están operativos dende o pasado 11 de febreiro.