FSC-CCOO Galicia | 8 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO apoia as movilizacións do persoal de Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade ao Baño doe Vigo

    • CCOO apoia a mobilización que o persoal de Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade ao Baño de Vigo ten convocada para este vindeiro sábado 27 de xullo ás 10:00.

    O delegado de persoal de CCOO salienta a necesidade da mellora e dignificación do Servizo, que ten que pasar por un aumento orzamentario e polo cumprimento por parte da Empresa do Convenio Colectivo e do Prego Municipal.

    23/07/2019.
    Socorrismo Vigo

    Socorrismo Vigo


    A concentración diante do posto de emerxencias de Samil á que está convocado todo o cadro persoal do Servizo, trala decisión tomada en asemblea. está convocada para este vindeiro sábado 27 de xullo ás 10:00.

    Así mesmo, Alberto López recalca que a Empresa ademais de incumprir o Convenio, discrimina salarialmente aos traballadores e está tratando de modificar sustancialmente as condicións contractuais das traballadoras e traballadores de xeito unilateral.

    A totalidade da representación sindical na Empresa (CCOO e CIG) farán parte da xornada de mobilización, que terá como reivindicación central "Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade en loita por un traballo digno".