FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    O Tribunal Supremo estima recurso de casación interposto pola Asesoría Xurídica de CCOO de Ourense

    • Segundo informa CCOO, o Alto Tribunal declara accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria pública da Administración Xeral do Estado de Ourense

    A Asesoría Xurídica de CCOO viu estimado o seu recurso de casación ante o Tribunal Supremo, polo que ven de declarar que o desprendemento de retina sufrido durante a súa xornada laboral por unha administrativa da Delegación Provincial de Ourense da Intervención General da Seguridade Social (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social) debe ser considerado como accidente de traballo.

    04/07/2018.
    Novo éxito do Gabinete Xurídico de CCOO de Ourense

    Novo éxito do Gabinete Xurídico de CCOO de Ourense

    CCOO informa que os feitos remóntanse a 2014, cando a funcionaria, mentres traballaba co ordenador no seu posto de traballo, sentiu alteracións visuais, das que foi atendida inmediatamente en urxencias, causando baixa por IT (incapacidade temporal). O INSS considerou que a súa patoloxía derivaba de enfermidade común, polo que a traballadora recorreu ao Xulgado do Social nº 3 de Ourense, que estimou as súas pretensións e considerou a lesión como un accidente laboral. A posteriori, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aceptou o recurso da Entidade, que entendeu que a causa laboral non estaba acreditada. O Tribunal Supremo revoga agora esta Sentenza, confirmando a de Instancia, e acepta os argumentos de CCOO, considerando que a lesión súbita aparece en lugar e tempo de traballo, polo que debe de entrar en xogo a presunción de laboralidade establecida legalmente, e non combatida pola Entidade Xestora. CCOO quere chamar a atención de que estes feitos, sucedidos fai catro anos, e tras unha primeira curación, desembocaron en posteriores lesións oculares que determinaron finalmente a incapacidade da funcionaria; polo que lembra a todos os traballadores que todos os sucesos que ocorran no lugar e tempo de traballo deben ser considerados como accidente laboral, e que lesións que aparentemente non ten transcendencia poden acabar sendo incapacitantes. A Comisión Executiva da Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense/Valdeorras celebra este novo éxito profesional da asesoría xurídica do sindicato en defensa da saúde laboral das traballadoras e traballadores, en xeral, e como neste caso, das empregadas e empregados públicos, en particular, e insta ás administracións públicas a que sexan máis dilixentes en velar pola saúde laboral dos seus propios profesionais e teán maior aixilidade e obxectividade en recoñecer as situacións de risco ou de vulnerabilidade evidente.