FSC-CCOO Galicia | 8 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    A Inspección de Traballo dálle a razón a CCOO e insta a Xunta a proporcionarlle máscaras a todo o seu persoal

    • Comisións congratúlase por unha decisión que reforza a protección da saúde dos empregados e empregadas públicas

    A Inspección de Traballo dálle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) e insta a Xunta de Galicia a lle proporcionar máscaras a todo o seu persoal. O sindicato pedira en reiteradas ocasións que se lles facilitase este elemento de protección a todas as traballadoras e traballadores da Administración autonómica.

    02/10/2020.
    resolucion inspeccion

    resolucion inspeccion

    CCOO congratúlase por unha decisión que reforza a protección da saúde dos empregados e empregadas públicas, pero lamenta que a Xunta non atendera de oficio a reivindicación, senón que fora precisa unha denuncia perante a autoridade laboral —formalizada o pasado 25 de xullo.
    Na denuncia, CCOO sinaláballe á Inspección de Traballo que a Xunta estaba a vulnerar as súas propias normas, pois ao excluír determinado persoal incumpría a disposición publicada no Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo.
    Na súa resolución, a Inspección determina que o uso de máscara é obrigatorio tanto nos espazos abertos coma nos pechados. Neste sentido, os centros de traballo son lugares onde o uso de máscara é obrigatorio; por isto, a Administración, como empregadora, débelle proporcionar máscaras a todo o seu persoal.
    Ademais, tendo en conta que a denuncia de CCOO abrangue centros de traballo dependentes de todas as consellarías da Xunta de Galicia, correspóndelle a Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza facer efectiva esta obriga, considerando ademais que dela depende o servizo de prevención de riscos.
    Por todo isto, CCOO insta a Xunta de Galicia a cumprir decontado coas instrucións da Inspección de Traballo e entregar «canto antes» ao seu persoal máscaras hixiénicas ou cirúrxicas en cantidade suficiente para abranguer toda a xornada laboral.