FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    O sábado 27, CCOO mobilizarase en solidariedade coas persoas refuxiadas

    • Reivindicarase unha pasaxe segura para que as súas vidas non corran perigo no mar

    CCOO apoia as manifestacións que terán lugar na Coruña e Vigo o sábado, día 27, en solidariedade coas persoas refuxiadas. Esíxense medidas para que os seus dereitos sexan protexidos, así como unha pasaxe segura que lles evite arriscar a vida no mar.

    24/02/2016.
    Marcha europea en favor das persoas refuxiadas

    Marcha europea en favor das persoas refuxiadas

    En Vigo, a manifestación comezará ás 12:00 horas; partirá do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e rematará diante do museo MARCO. Na Coruña, a marcha partirá ás 19:30 horas da praia de Riazor e rematará diante do Obelisco.