FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos
    03/05/2022
    Curso RPT en Pontevedra

    O curso está dirixido a delegados e delegadas da administración local de CCOO co fin de negociar a  RPT, Relación de Postos de Traballo, de maneira máis  axeitada na defensa dos traballadores e traballadoras

    02/06/2022
    Curso de formación de FSC CCOO Galicia

    Realizouse o curso correspondente a unhas das ferramentas que pon á nosa disposición Google e que servirán para mellorar a atención que se realiza á afiliación de CCOO por parte dos nosos delegados e delegadas. Ao curso asistiron 25 persoas nas instalacións da EGAP en Santiago de Compostela e forma parte dun ambicioso plan de formación dirixido aos delegados e delegadas de CCOO

    29/04/2022
    Curso nominas administración pública

    O pasado xoves CCOO realizou un curso de análise e explicación de nóminas da administración autonómica O curso está destinado a delegados e delegadas da Xunta co obxectivo de resolver no futuro as dúbidas que poidan ter os empregados públicos da administración autonómica 

    29/04/2022
    Cursos de nóminas de iberia

    A Federación de Servizos á Cidadanía comeza a desenvolver unha serie de cursos destinados a cadros sindicais, delegados e delegadas de CCOO co fin de dar resposta ás necesidades da afiliación 

    31/03/2022
    Curso nóminas Iberia
    • O curso será o próximo 7 de abril

    A secretaria de Formación da FSC Galicia en colaboración co Sector Aeréro Galicia organiza un curso de formación sindical sobre.Análise dunha nómina da empresa Iberia

    02/02/2022
    II taller de comunicación

    O día 1 de febreiro continuose cos talleres de comunicación da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia coa participación de 25 delegadas e delegados. O taller impartiuse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Este curso estaba dedicado á elaboración de notas de prensa e relacións cos medios

    24/01/2022
    I Taller de comunicación

    O día 24 de xaneiro iniciáronse os talleres de comunicación da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia coa participación de 25 delegadas e delegados. O taller realizouse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Este primeiro curso estaba dedicado ás ferramentas ofimáticas de Google.O próximo 1 de febreiro continuarán os talleres