FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos
    04/02/2022
    Oposicións administración de xustiza
    • Prepara as oposicións con profesionais cualificados e prezos accesibles
    • Matrícula de balde durante o mes de febreiro do 2022
    • Comezan os cursos o 3 de marzo de 2022

    O sector de Xustiza da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia inicia cursos de preparación para as próximas convocatorias ás oposicións de xustiza, con profesionais cualificados e prezos accesibles. Unha preparación de oposicións con seguimento personalizado, con temarios e cuestionarios propios, tratamento próximo e baixo a filosofía de CCOO, na busca dun posto definitivo na Administración de Xustiza, cos mellores medios comunicativos, infraestrutura e formación de que dispón a nosa organización.