FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Prepara as oposicións a Xustiza

    • Prepara as oposicións con profesionais cualificados e prezos accesibles
    • Matrícula de balde durante o mes de febreiro do 2022
    • Comezan os cursos o 3 de marzo de 2022

    O sector de Xustiza da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia inicia cursos de preparación para as próximas convocatorias ás oposicións de xustiza, con profesionais cualificados e prezos accesibles. Unha preparación de oposicións con seguimento personalizado, con temarios e cuestionarios propios, tratamento próximo e baixo a filosofía de CCOO, na busca dun posto definitivo na Administración de Xustiza, cos mellores medios comunicativos, infraestrutura e formación de que dispón a nosa organización.

    04/02/2022.
    cursos preparación administración xustiza

    cursos preparación administración xustiza

    Os cursos dispoñen de dúas modalidades:

    1. Telepresencial: cunha clase semanal de 4 horas, por videoconferencia en directo.

    2. Presencial: con clases no sindicato CCOO, iniciándose polo momento na Coruña, un día por semana catro horas.

    Ambas as modalidades dispoñen do soporte dunha aula virtual, onde poderás acceder e descargar os temas para o seu estudo, deixar as túas dúbidas no foro e realizar cuestionarios e simulacros de exame.

    Os cursos comezan o próximo 3 de marzo de 2022, aínda que, dada a dispoñibilidade de temarios e clases virtuais, poderás incorporarte en calquera momento.

    Infórmate sen compromiso na nosa xornada de portas abertas o 23 de febreiro de 2022, tanto presencialmente na Coruña, como por medios telemáticos.

    Se queres máis información, non dubides en contactar por correo, a ccooxustiza@galicia.ccoo.es; ou por teléfono, chamada ou whatsapp ao 676385234.