FSC-CCOO Galicia | 16 Maio 2025.

AGORA SI TOCA
  • Menú Documentos

    Curso de comunicación para sindicalistas.

      O obxectivo deste curso é achegar ás persoas participantes as ferramentas necesarias para mellorar a súa comunicación e a oratoria.

      05/05/2025.
      Curso Comunicación para sindicalistas

      Curso Comunicación para sindicalistas

      Proximamente celebrarase unha nova edición do curso de "comunicación oral para sindicalistas" que se impartirá na modalidade presencial en Santiago de Compostela os días 23 e 30 de maio e os días 6 e 13 de Xuño de 2025 na EGAP.

      O obxectivo deste curso é achegar as persoas participantes á comunicación e á oratoria. Ofreceránselles as ferramentas necesarias para que a súa comunicación oral resulte clara e eficaz e, asemade, axude na nosa acción sindical.

      Debido á dificultade loxística para organizar este curso, moi demandado na or­ganización, as persoas que se inscriban deben comprometerse a asistir ás catro sesións previstas.

      Constará de catro sesións de 5 horas en horario de 9:30- 14:30 horas os días:23 e 30 de maio 6 e 13 de xuño

      O curso celebrarase de forma presencial na aula nº 1 "COLMEIRO" planta baixa en Santiago de Compostela, 

      Programa:

      Módulo 1: Introdución á oratoria.

      Módulo 2: Fundamentos da comunicación efectiva.

      Módulo 3: Estruturación de discurso.

      Módulo 4: Adaptación ao público e o contexto.

      Módulo 5: Técnicas avanzadas de persuasión.

      Módulo 6: Práctica e retroalimentación.

      Módulo 7: Aplicacións prácticas no sindicalismo.

      Módulo 8: O discurso en redes sociais.

      Módulo 9: Relación cos medios de comunicación.

      Módulo 10: Ética na oratoria sindical.

      Podes inscribirte no curso no seguinte enlace: https://forms.gle/XNpNZe7Cj6wrEm8dA

      O prazo de inscrición remata o 15 de maio de 2025 ás 23:59

       

      Ligazóns relacionadas
      Ligazóns relacionadas