FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO non acudirá ás celebracións da festividade das prisións mentres non haxa unha resposta satisfactoria ao conflito laboral

    • O sindicato denuncia que levan trece anos sen posibilidade de negociar un acordo de mellora das condicións laborais dun cadro de persoal envellecido ?a idade media é de 52 anos? e á cabeza de Europa en sufrimento de agresións ?cerca de 500 físicas e 10 000 psicolóxicas cada ano.

    O próximo 24 de setembro celebraranse actos en todos os centros penais de España con motivo da festividade da Mercé, padroa de Institucións Penitenciarias. Neste día, CCOO denuncia que a precariedade laboral e a deterioración do servizo público penitenciario non poden seguir financiando o funcionamento do sistema público de prisións.

    21/09/2018.
    CCOO non acudirá ás celebracións da festividade das prisións

    CCOO non acudirá ás celebracións da festividade das prisións

    «Levamos 32 reformas do actual Código penal, sen que exista ningún informe de gasto público do que supón a xestión penal. Estas reformas xeraron un aumento das cargas de traballo e da penosidade, que o persoal penitenciario vén asumindo con menos efectivos, cun déficit estrutural de 3400 prazas vacantes orzadas sen cubrir e cun grave problema de envellecemento ?a idade media do cadro de persoal é de 52 anos?, o que implica unha maior perda de emprego que leva ao colapso deste servizo público», critica o sindicato.
     
    Para CCOO, neste contexto, o mandato constitucional da reinserción converteuse nunha mera declaración de intencións e, como recoñece o defensor do pobo e manifesta CCOO, resulta imposible garantir a seguridade e custodia das persoas internas e a propia saúde das traballadoras e traballadores.
     
    Ademais, a Administración custea os gastos derivados da execución de condenas recortando nun 65 % o orzamento en formación, nun 75 % a acción social, eliminando a carreira profesional ou os concursos de traslados anuais.
     
    «Levamos trece anos sen posibilidade de negociar un acordo de mellora das condicións laborais, acorde ao incremento de responsabilidades e cargas de traballo». O persoal penitenciario sufriu unha perda do poder adquisitivo do 14 %, que ademais se ve agravada pola existencia de brechas salariais entre traballadoras e traballadores penitenciarios que, realizando as mesmas funcións, cobran salarios distintos dentro da propia Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias e do Ministerio do Interior, en función do centro penal onde desenvolvan o seu traballo.
     
    CCOO afirma que unha xestión penal responsable pasa por modernizar a Institución Penitenciaria, tendo como eixe o persoal público necesario, recoñecendo a súa profesionalidade, adecuando as súas retribucións, definindo as cargas de traballo, mellorando a clasificación dos reclusos e dispoñendo dun control estatístico veraz cos parámetros esenciais nunha política de reinserción como patoloxías mentais, reincidencia, discapacidades, etc.
     
    CCOO apunta que hoxe o sistema penitenciario español está nunha profunda involución, e os expoñentes máis claros disto poden ser as taxas de reincidencia de arredor do 37 %, o elevado índice de mortalidade en prisión que deixou 156 mortes no 2017 ou a pandemia da elevada sinistralidade laboral que sofre o colectivo penitenciario e que nos sitúa á cabeza de Europa, onde as agresións se converteron nun problema de saúde pública, con preto de 500 agresións físicas e 10 000 psicolóxicas ao persoal cada ano.
     
    «Esta profunda crise do servizo público de prisións é a que leva o seu persoal a ter un conflito laboral intenso, que se vén mantendo cos diferentes Gobernos e que obriga a CCOO a non celebrar este día 24 de setembro. O que desexamos celebrar é a negociación e un acordo que atenda as demandas presentadas por CCOO e o resto de sindicatos da plataforma sindical, como punto de partida para modernizar e facer máis eficiente a Institución Penitenciaria española».