FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO e outros sindicatos anuncian mobilizacións na Inspección de Traballo

      Para o vindeiro 22 de marzo convócanse concentracións de protesta en todos os centros de traballo da Inspección de Traballo e Seguridade Social e para o 30 de marzo, unha primeira xornada de folga de todo o persoal. Estas protestas están promovidas por CCOO e outros sindicatos, que denuncian os incumprimentos por parte do Goberno do Estado.

      09/03/2022.
      Inspección de Traballo e Seguridade Social

      Inspección de Traballo e Seguridade Social

      Logo de oito meses de espera, o Executivo central non cumpre o acordo adoptado o pasado 7 de xullo, que recollía unha serie de medidas fundamentais para salvar o funcionamento da ITSS, que padece unha acumulación de eivas que colocan a súa actividade ao bordo do fracaso.

      Entre outras cuestións, denuncian falta de persoal, de recursos técnicos e materiais. Ademais, non hai un recoñecemento ao esforzo do seu persoal, sen cuxa colaboración non se salvaría o funcionamento da institución nos últimos anos.

      Antes da folga, haberá concentracións diante das sedes provinciais da ITSS o día 22, entre as 12 e as 12:30 horas.

      Os sindicatos afirman que, pasados oito meses, xa non é posible agardar máis. Amosan tamén a súa sorpresa pola «debilidade» dos máximos responsables do Ministerio de Traballo e Economía Social, que renuncian a defender un acordo que foi subscrito por eles, avalado pola propia ministra e que responde a un diagnóstico compartido para buscar as solucións necesarias na Inspección de Traballo e Economía Social.

      A ITSS conta cun cadro de persoal en Galicia de 261 persoas entre inspectores de traballo, subinspectores e o correspondente persoal laboral e persoal técnico-administrativo. Por provincias, 101 na Coruña, 35 en Lugo, 38 en Ourense e 87 en Pontevedra.