FSC-CCOO Galicia | 27 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO reclama que o colectivo de prisións sexa incluído como persoal de alto risco fronte ao COVID-19

    • Solicitamos que se actualicen as recomendacións das autoridades sanitarias coa ampliación dos colectivos esenciais que deben ser considerados persoal con alto risco de exposición ao COVID-19, e se inclúa o conxunto do persoal de penais que ten contacto directo coas persoas privadas de liberdade.

    Institucións Penitenciarias é un servizo público esencial que traballa coa poboación reclusa, considerada especialmente vulnerable por padecer patoloxías previas e inmunodeficiencia adquirida polo confinamento en espazos pechados. Parte do colectivo profesional que traballa con eles ten que manter un contacto estreito e no pode gardar a distancia de seguridade preventiva de máis de dous metros. Por iso, levan semanas pedindo que lles proporcionen os equipos de protección individual (EPI), unha demanda que aínda non foi atendida na maioría dos centros penais do Estado.

    24/03/2020.
    CCOO reclama que o colectivo de prisións sexa incluído como persoal de alto risco fronte ao COVID-19

    CCOO reclama que o colectivo de prisións sexa incluído como persoal de alto risco fronte ao COVID-19

    Malia as distintas medidas preventivas e organizativas adoptadas no traballo, da suspensión das comunicacións ou das actividades en grupo, o virus traspasou os muros da prisión. Temos xa 37 traballadores positivos confirmados, 2 internos e unhas 250 persoas en investigación, esperando a que lles fagan as probas. Máis de 180 son traballadoras e traballadores penais.

    O colectivo de prisións debe ter un acceso rápido e masivo aos tests. Temos que coñecer o máis axiña posible que persoal traballador e persoas internas están infectados para evitar a propagación do virus e que aparezan brotes descontrolados nas prisións.

    Nas vindeiras semanas espérase un crecemento exponencial, xa que temos os primeiros casos distribuídos por 28 centros penais. Ademais, corre na nosa contra que a detección do COVID-19 demora máis ca a súa manifestación, e que podemos ter persoas asintomáticas portadoras do virus sen que o saiban e mesmo internos que poden ocultar os síntomas para non ser apartados do seu grupo e do seu módulo residencial.

    Queremos previr que se repita a situación tan dramática das residencias de anciáns. Compartimos con elas varias características comúns. Por iso necesitamos que se nos dote de máscaras que protexan o persoal, guantes de nitrilo e xel hidroalcohólico.

    Desde o sindicato, agradecemos as palabras que Fernando Simón dedicou ao colectivo de traballadores e traballadoras de prisións na súa comparecencia de onte, considerándonos de alto risco. Só esperamos que o Goberno o materialice canto antes