FSC-CCOO Galicia | 27 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Os edificios públicos abren polas tardes para atender á cidadanía

    CCOO defende o dereito á conciliación do persoal da Seguridade Social no Edificio de Galeras de Santiago de Compostela

      Ante as críticas da veciñanza ao respecto do gasto enerxético do edificio da Tesorería daSeguridade Social de Galeras en Santiago de Compostela, CCOO defende o aforro enerxéticopor parte de todas as Administracións públicas e tamén os dereitos das persoas empregadaspúblicas á conciliación da vida persoal e laboral.

      10/11/2022.
      Edificio de Galeras de Santiago de Compostela

      Edificio de Galeras de Santiago de Compostela

      No edificio da Tesourería da Seguridade Social ubicado no barrio compostelano de Galeras,hai persoal que traballa en horario de tarde, ben por motivos de conciliación da vida persoale laboral, e polo tanto, para flexibilizar a súa xornada para atender ao coidado de maiores,dependentes e fillos e fillas menores de idade, así como para atender citas puntuais coacidadanía, á que tamén se atende, cando é necesario en horario de tarde.

      Ademais do persoal propio da Administración da Seguridade Social, no edificio traballa polastardes o persoal de limpeza, e o de seguridade do edificio.

      As imaxes publicadas na páxina dunha rede social, por parte dunha radio Compostelá, senmáis explicación que a procedencia dunha denuncia dun veciño ao respecto do gastoenerxético deste edificio, fai que dende CCOO respondamos a estas críticas coa realidade do traballo diario das empregadas e empregados públicos que tan esenciais demostraron ser entempos de crise e sobre todo solicitando respecto polos servicios públicos que son de todos.

      O persoal que traballa no edificio da Tesourería en Galeras, tamén nos comunica que non selles permite teletraballar ningún día do mes, o que suporía un aforro no que respecta agastos de electricidade e climatización en caso de que tarefas puramente administrativas eque non precisan de presencialidade, e que ben poderían realizarse en réxime de teletraballo,máis eficiente tamén ecolóxicamente tamén xa que elimina a necesidade de desprazamentos.

      En todo caso, e por medio dos responsables de CCOO na comarca de Santiago, faremoschegar, aos responsables do mantemento do edificio da Seguridade Social no barrio deGaleras, a petición para que se tomen as medidas necesarias para o maior aforro enerxéticono edificio e para dar exemplo de compromiso coa contención do gasto público e coaprotección do medio ambiente.