FSC-CCOO Galicia | 27 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO gañou novamente as eleccións sindicais na AEAT de Ourense.

      Tras un proceso electoral cunha alta participación, os traballadores e traballadoras da AEAT de Ourense volveron a confiar en CCOO para que os represente nos órganos de representación con 3 delegados/as de persoal funcionario e 1 delegada no persoal laboral. Este resultado demostra a confianza que os traballadores e traballadoras depositaron no noso sindicato e no noso labor ao longo dos anos.

      11/05/2023.
      CCOO gaña as EESS en AEAT Ourense

      CCOO gaña as EESS en AEAT Ourense

      Desde CCOO, comprometémonos a seguir traballando incansablemente para defender os dereitos e intereses de todos os traballadores e traballadoras da AEAT de Ourense. Queremos agradecer a todos aqueles que depositaron a súa confianza en nós e prometemos traballar duro para facer valer esa confianza.