FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO volve entrar no comité de empresa do Concello de Ourense

    • Primeira forza sindical nas mesas de técnicos e administrativos e no Consello Municipal de Deportes

    Tras doce anos ausente, CCOO volve entrar no comité de empresa do Concello de Ourense e faino con tres delegados e delegadas, un terzo do total da representación (33,33%).

    19/02/2021.
    Membros da sección sindical de CCOO no Concello de Ourense

    Membros da sección sindical de CCOO no Concello de Ourense

    Nas mesas de técnicos e administrativos, así como no Consello Municipal de Deportes, CCOO foi a primeira forza sindical, tanto en votos (28, o 44,44% dos emitidos) como en representación (3, o 50%). Nesta mesa, a CSIF foi a segunda forza, perdendo un delegado, e a CIG mantivo o que xa tiña.

    Con estes resultados, o comité de empresa do Concello está formado por catro representantes da CSIF, tres de CCOO e dous da CIG. Quedan sen representación ningunha os sindicatos UGT, SAP, SPPME e USO.

    Para CCOO, este resultado é o froito da acción sindical desenvolvida nos últimos anos, así como da «excelente candidatura» presentada a estas eleccións sindicais. O sindicato agradécelles aos traballadores e traballadoras do Concello a confianza depositada.