FSC-CCOO Galicia | 2 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    O Alcalde de Ourense incumpre a Lei de prevención de riscos laborais

    • CCOO denuncia a pasividade da Inspección de Traballo ante o incumprimento reiterado.

    CCOO no Concello de Ourense ten denunciado en varias ocasións na Inspección de Traballo a situación insostible que mantén o grupo de goberno,co seu alcalde á fronte, ao non reunir o Comité de Seguridade e Saúde no ano2022, cando a lei obriga a Administración local a facelo cada tres meses.

    15/11/2022.
    CCOO denuncia ó Alcalde de Ourense

    CCOO denuncia ó Alcalde de Ourense

    A situación é preocupante porque a Administración oculta a información e adocumentación, e obvia casos tan importantes como o do gas radon nasoficinas ou a falta de aire acondicionado ou calefacción.

    As altas temperaturas rexistradas en dependencias do Concello de Ourense producen un risco excesivo para a saúde, derivado da exposición a un ambiente interior inadecuado nos meses de primavera e, sobre todo no verán, por falta de sistemas de climatización ou pola avaría destes.

    Así mesmo, tomando como base outra denuncia de CCOO, o Concello ten quere reformar outras dependencias municipais debido aos altos niveis de radon,falta de ventilación, insonorización ou dun acceso inadecuado para persoas con discapacidade.

    Desde CCOO lamentamos a falta de vestiario que teñen algunhas brigadas de xardíns e obras, pois ano tras ano seguen sen facilitárselles, conforme marca o Acordo Regulador.

    CCOO, como segunda forza sindical do Concello, tanto en persoal funcionario como laboral, segue demandando un local accesible para os compañeiros e compañeiras que necesitan información e asesoramento, de acordo co convenio colectivo e que a Administración segue a denegarnos.

    Ademais, trasladaremos á Inspección de Traballo de Ourense o noso malestar, solicitándolle que cumpran a Lei de prevención de riscos laborais e sancionen o Alcalde por incumprir a normativa con relación á saúde dos traballadores e traballadoras.

    Así mesmo, faremos as xestións oportunas ante o Ministerio de Traballo e através da nosa asesoría xurídica, para os efectos de interpor unha demanda no xulgado.