FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO esíxelle ao alcalde de Ourense que respecte o persoal

      Membros da sección sindical de CCOO no Concello de Ourense concentráronse esta venres diante do auditorio municipal, onde se estaba a celebrar o pleno local, e esixíronlle ao alcalde e aos seus asesores «respecto» para os empregados e empregadas públicas.

      03/12/2021.
      Concentración fronte ao auditorio municipal de Ourense

      Concentración fronte ao auditorio municipal de Ourense

      A previsión de CCOO é manter as protestas os primeiros venres de cada mes, cadrando coa convocatoria do pleno ordinario da corporación local.

      A sección sindical de CCOO sinala que as traballadoras e os traballadores están «fartos» das «mentiras, falacias, descualificacións e insinuacións de carácter delictivo» por parte do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e do seu equipo de asesores.

      O sindicato tamén fixo públicas outras reivindicacións de carácter laboral polas que se seguirá a mobilizar, entre elas a xornada laboral e o horario, a mellora e estabilización do emprego, o desenvolvemento da carreira profesional, a concesión do teletraballo, a creación dunha nova RPT ou investimentos en instalacións e equipamentos.