FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Unipost entra en fase de liquidación

    • CCOO lamenta o peche do primeiro operador postal privado do país porque supón a perda de emprego de case 2400 traballadoras e traballadores directos e centenares indirectos pola rede de franquías.

    Sete meses despois de que Unipost solicitara concurso voluntario de acredores, o Xulgado do Mercantil n.º 7 de Barcelona decreta a apertura da fase de liquidación da primeira empresa postal privada do país. Segundo puido saber CCOO, a xestión da compañía recae a partir de agora na administradora concursal, que se encargará de realizar reunións cos principais clientes en función das cales se fixarán novas fases do ERE ata «o cesamento da actividade»

    21/02/2018.
    O próximo luns, 26 de febreiro, están citadas as organizacións sindicais para informar sobre a apert

    O próximo luns, 26 de febreiro, están citadas as organizacións sindicais para informar sobre a apert

    O próximo luns, 26 de febreiro, están citadas as organizacións sindicais para informar sobre a apertura da fase de liquidación e xa se adiantou que as nóminas do persoal en activo serán aboadas como ata o de agora.
    Para CCOO, o peche do primeiro operador postal privado do país é unha pésima noticia porque supón a perda de case 2400 empregos directos e centenares de indirectos da rede de franquías, que obrigará á recomposición do sector postal en España. Desde xullo, a administración concursal realizou dous ere de 442 traballadores na primeira fase ?autorizada o 19 de xaneiro? e 359 na segunda ?cuxo auto se coñecía o 25 dese mesmo mes?. Coa segunda fase do ere, pecháronse tamén 24 centros e o cadro de persoal quedou reducido actualmente a algo máis de 1300 traballadoras e traballadores.
    Entre os centos de empregos indirectos que se perderán da rede de franquías de Unipost, destacan os do cadro de persoal de Suresa, composta por preto dun cento de traballadores distribuídos en cinco oficinas polo Estado ?Sabadell, Mataró, Sant Boi de Llobregat, Oviedo e Xixón?, aos que, de 2017, se lles deben 15 días do mes de xuño, a paga extra do verán, 15 días do mes de decembro, a paga extra de Nadal e, de 2018, a nómina completa do mes de xaneiro.
    CCOO leva anos denunciando publicamente e mais nos tribunais as malas prácticas da dirección da compañía, que non presentou un plan estratéxico real e cargou a viabilidade da empresa no constante recorte de dereitos das traballadoras e traballadores, sucesivos erte desde 2011, fraccionamentos na nómina desde 2012 e recortes salariais.
    O sindicato acusa o director da compañía, Pablo Raventós, de dilapidar a empresa coa súa nefasta e nula xestión, prolongada desde hai máis de sete anos e que esta organización sindical ten denunciado en numerosas ocasiones. Baixo esta premisa, vai emprender as accións legais contra Pablo Raventós, a quen considera responsable da situación da empresa por abocala ao concurso de acredores e, finalmente, á liquidación. Por outro lado, CCOO lamenta que o Goberno deixara morrer a compañía sen impulsar ningunha iniciativa nin proxecto que procurase a súa viabilidade, porque a desaparición de Unipost terá un claro impacto na atomización, desarticulación e precarización do sector postal.
    CCOO estará coas traballadoras e traballadores de Unipost para axudalos en todos os trámites e xestións pertinentes para que poidan recibir as súas prestacións o máis axiña posible.