FSC-CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario

    • O sindicato atribúe a situación á «irresponsabilidade» do presidente do operador postal público; en Galicia hai 38 posibles positivos e cinco persoas máis están en corentena

    O sector Postal de CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario. O sindicato, maioritario na empresa, atribúe a situación á «irresponsabilidade» do presidente do operador postal público, José Manuel Serrano, que durante vinte días mantivo as traballadoras e traballadores sen equipamentos de protección individual (EPI).

    22/04/2020.
    CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario

    CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario

    En toda España hai 836 casos positivos de COVID-19 en Correos e 2200 máis están en corentena. En Galicia son 38 os posibles positivos e cinco máis en corentena.
    Por provincias, na Coruña hai 21 posibles positivos e dous en corentena; en Lugo, catro posibles positivos e un en corentena; en Ourense, cinco posibles positivos; en Pontevedra, oito posibles positivos e dous en corentena.
    Ademais, CCOO denuncia que Correos, «contrariamente ao criterio do Goberno», está a «ocultar» os datos provinciais desde o pasado 13 de abril, última data en que os publicou. «Esta manobra pon de manifesto a falta de transparencia e a nefasta xestión do seu presidente», incide o sindicato.
    Os datos sitúan o índice de contaxios en Correos (1,59 % do persoal total) en niveis cinco veces superiores á media da poboación, só por baixo do persoal sanitario (4,87 %) e levemente por riba das forzas e corpos de seguridade do Estado (1,58 %).
    CCOO atribúe a situación á «alta exposición» a que estivo sometido o persoal de Correos nas primeiras semanas da crise sanitaria; durante arredor de vinte días careceron dos EPI axeitados, pero seguiron desempeñando o seu cometido, por ver Serrano «unha oportunidade de negocio» no comercio electrónico.
    A presión sindical levou a que o Real decreto do pasado 29 de marzo definise como «esencial» o servizo público postal —algo ao que o propio Serrano se opuxera—, restrinxindo a actividade de Correos aínda máis e limitándoa á prestación de elementos esenciais e imprescindibles para a cidadanía.
    Por último, CCOO esíxelle á dirección de Correos que, se non é capaz de dotar a todo o persoal dos medios de protección axeitados, así como de garantir a correcta desinfección das instalacións, entre outras medidas, «deberá paralizar a actividade, porque a saúde e a vida están por riba do negocio».