FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén na provincia da Coruña

    • O sindicato ten o 36,1 % dos delegados e delegadas da empresa na provincia e o 38,6 % en Galicia

    Comisións Obreiras (CCOO) ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén as eleccións sindicais na provincia da Coruña. As votacións tiveron lugar o xoves desta semana, mentres que nas restantes tres provincias xa foran a mediados do pasado mes de decembro.

    24/01/2020.
    CCOO gaña as eleccións en Correos Coruña

    CCOO gaña as eleccións en Correos Coruña

    Na provincia da Coruña, CCOO logrou o 36,1 % dos delegados e delegadas que se elixían, concretamente 13 dun total de 36. A moita distancia quedan os segundos sindicatos, UGT e CIG, con sete para cada organización. Con estes resultados, CCOO ten 44 delegados e delegadas en Correos no ámbito de Galicia, o dobre que o segundo sindicato, a CIG, que logra 22.

    PROVINCIA DA CORUÑA       TOTAL  36

    CCOO: 13       UGT: 6      CIG: 7        CGT: 4    SL: 3        CSIF: 3

    GALICIA    TOTAL 114

    CCOO: 44        CIG: 22      CSIF: 16     UGT: 15      SL: 10       CGT: 7