FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Unipost bota o pecho definitivo a finais de abril

      CCOO tivo coñecemento do despedimento de Pablo Raventós, director xeral de Unipost, e seguirá insistindo para que sexa declarado culpable de levar á liquidación o primeiro operador privado do país.

      28/02/2018.
      concentración de traballadores e traballadoras de UNIPOST

      concentración de traballadores e traballadoras de UNIPOST

      Na reunión da Comisión informativa celebrada o luns, 26 de febreiro, a Administradora Concursal (AC) do despacho de Jausas Legal procedeu a establecer o calendario previsto de peche da empresa que estima se producirá a finais de abril.
       
      A finais da semana pasada, fontes de CCOO coñecían a decisión por parte da Administración de proceder ao despedimento do director xeral da empresa, Pablo Raventós. Máis aló da cualificación ou do informe que realice Jausas, CCOO seguirá insistindo na responsabilidade deste membro da familia Raventós en levar a Unipost, o primeiro operador privado do país, á liquidación deixando sen emprego a case 2.400 familias de maneira directa e centos indirectos, e que nesta provincia se traduce en máis 66 traballadores e traballadoras afectados pola pésima xestión do Sr. Raventós, abocados á perda dos seus postos de traballo, cun peche definitivo da actividade en Unipost Pontevedra desde o pasado mes de xaneiro, e co peche definitivo en Unipost de Vigo para o próximo 30 de abril.
       
      Antes de se producir o cesamento da actividade, a AC acometerá novos peches de centros e expedientes de regulación de emprego en distintas fases a principios do mes que vén (250 traballadores/as), mediados de marzo (arredor de 500), e o resto do persoal a finais de abril. Así mesmo, o cadro de persoal seguirá cobrando a nómina, pero de xeito fraccionado, método habitual de pagamento nos últimos anos e que foi denunciado reiteradamente por este sindicato.
       
      Doutro banda, estanse producindo distintas reunións cos clientes para fixar os prazos do cesamento da actividade, que se irá traducindo no peche de centros. Actualmente quedan abertos 56 centros en practicamente toda España.
       
      CCOO lamenta que a falta de iniciativa e de toma de decisións por parte dos directivos desde hai anos, malia as reiteradas advertencias deste sindicato nos tribunais e en instancias políticas, levaran á quebra o operador postal privado e á perda de emprego de máis de 2.400 persoas; tamén lamenta que o Goberno non se implicase nun dos ere máis grandes de España. Por iso esixe que se teña o maior respecto e toda a celeridade nos trámites, para non demorar a agonía dunhas persoas que xa foron abondo castigadas con recortes de dereitos, salario e sucesivos expedientes de regulación de emprego temporal.