FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO e UGT convocan peches e asambleas contra o retraso da idade de jubilación aos 67 anos

      Delegados e delegadas de CCOO e UGT pecharánse o mércores 19 de xaneiro nas sedes provinciais e comarcais do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) de todo o país (salvo en Andalucia que será o día 25), ademais de celebrar asambleas nos centros de traballo, para rexeitar o retraso da idade de jubilación aos 67 anos e defender un sistema público de pensións forte e viable.

      17/01/2011.
      Non ao retraso na idade de xubilación

      Non ao retraso na idade de xubilación


      A intención do Goberno de retrasar ata os 67 anos a idade de jubilación contou sempre coa radical oposición dos sindicatos. A xuizo de CCOO e UGT a prolongación da idade de jubilación é unha medida inxusta e innecesaria, que pon en risco o consenso social e político que dende hai mais de 15 anos acompañou as sucesivas reformas dos sistema público de pensións.

      Os sindicatos son os mais interesados en preservar a  viabilidade futura do sistema público de pensións, xa que son os traballadores e traballadoras os principias beneficiarios dunhas prestacións que coas súas cotizacións durante toda a vida laboral mereceron. E son eles os que mais deben velar por manter e mellorar os niveis de protección social no futuro ante os retos demográficos e financieiros que se lle presentan ao sistema.

      Por elo, CCOO e UGT están dispostos a buscar alternativas e propostas que non pasen por un recorte injustificado dos dereitos dos traballadores e traballadoras, pero advirten ao Goberno que irán aumentando gradualmente as mobilizacións segundo evolucionen as negociacións coa patronal e o Goberno.