FSC-CCOO Galicia | 3 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    ¡Muller! únete a CCOO

      Con un eslogan tan propio da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO como "Alcancemos novos portos", a Secretaría da Muller lanza unha campaña específica de afiliación dirixida ás mulleres.

      01/02/2011.
      Alcancemos nuevos puertos, imagen de la campaña de la FSC-CCOO.

      Alcancemos nuevos puertos, imagen de la campaña de la FSC-CCOO.


      As condicións de emprego e traballo das mulleres non son iguais ás dos homes. A falla de distribución do traballo non retribuído nos fogares, a precariedade e a temporalidade sempre cebáronse coas mulleres. Ademais, nestes tempos difíciles para os traballadores e traballadoras, as mulleres sofren os maiores envites. Lembrar esta situación e denunciar a mesma é cada vez mais necesario e para esto precisamos mulleres que están animadas e dispostas a traballar sindicalmente para influir nas súas condicións de emprego e de vida.

      As eleccións sindicais son o momento idóneo para conseguir delegadas nos centros de traballo. Conseguir entrar nos Comités de Empresa e/o unas Xuntas de Persoal, permítenos atender as nosas realidades laborais. Ademais, esta afiliada a unha organización como CCOO posibilitará ás delegadas coñecer os seus dereitos e resolver os problemas que poidan xurdir derivados da súa relación laboral.

      Muller traballadora, fáltanos tu para poder seguir influíndo tamén sobre as condicións que afectan aos nosos empregos e as nosas vidas. ¡Muller! Únete a CCOO. Alcancemos novos portos.