FSC-CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Aberta a vía para que o Constitucional revise o recorte salarial aos funcionarios

      O Xuzgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Badaxoz abriu a vía para elevar ao Tribunal Constitucional o recorte salarial do persoal funcionario das Administracións Públicas, nunha providencia ditada o 10 de febreiro ante o procedemento abreviado promovido por CCOO contra o recorte ao persoal do Concello de Badaxoz.

      18/02/2011.
      CCOO recurrió el recorte al personal del Ayuntamiento de Badajoz

      CCOO recurrió el recorte al personal del Ayuntamiento de Badajoz


      O Xuzgado ditou con data 10 de febreiro de 2010 unha providencia pola que abre a vía a cuestionar a constitucionalidade de dita norma, ampliando tanto os motivos en cuestión, coma ao persoal afectado, ao extenderse ao persoal funcionario das Adminsitracións Públicas, segundo consta no procedemento abreviado 0000368/2010, promovido por CCOO de Extremadura, contra o recorte salarial practicado ao persoal do Concello de Badaxoz, en aplicación do RDL 8/2010, de 20 de maio, polo que adóptanse medidas extraordinarias para a redución do déficit público.

      Esta providencia é a primeiro ditada no Estado por esta cuestión no ámbito Contencioso-Administrativo e, para o sindicato, significa que os mais de 3 millóns de persoas asalariadas non sector público español, tanto laborais coma funcionarios, persoal das distintas administracións, entes, empresas e organismos autónomos, "poderían obter a protección xudicial dos seus dereitos individuais e colectivos, mediante a intervención do Tribunal Constitucional".

      A providencia, pola que se concede prazo ás partes para que "aleguen o que estimen pertinente sobre a necesidade de plantexar cuestión de inconstitucionalidade", en relación con algunhas disposicións contidas no RDL 8/2010, amplía os posibles motivos de inconstitucionalidade xa recollidos en autos de diferentes salas da xurisdición Social no estado.
      Sen prexuzgar o senso final do procedemento, esta providencia "reforza!, segundo Enrique Fossoul, secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, "a posición defendida polo noso sindicato fronte ao recorte salarial e en demanda da vixencia dos convenios e acordos acadados nas administracións e sector públicos".

      CCOO manterá as actuación xurídicas e procesais iniciadas en defensa dos dereitos dos asalariados do sector público, no curso da súa campaña de accións xurídicas colectivas fronte ao recorte salarial e esixe ao Goberno o cumprimento do Acordo Administración-Sindicatos para o período 2010-2012.