FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO mantén activa a ofensiva sindical

      02-08-2011.- Ante a perspectiva de que o recorte de dereitos sociais e laborais continúe, CCOO vese na obriga de seguir mantendo activa a ofensiva sindical en defensa de políticas sociais e laborais máis solidarias e democráticas, máis xustas, máis equitativas e máis útiles para saír desta crise sistémica.

      02/08/2011.
      CCOO mantén a ofensiva sindical

      CCOO mantén a ofensiva sindical


      O goberno estatal, xunto coa maioría dirixente da UE, prefiren impulsar políticas neoliberais que, amais de dolorosas socialmente, están sendo inútiles para saír da crise.

      A clase política dirixente prefire ceder ás presións chantaxistas dunha minoría de insaciables e voraces depredadores e especuladores tratantes bursátiles en vez de procurar avanzar na protección do benestar e na blindaxe dos dereitos sociais e laborais dos cidadáns que os eliximos.

      As políticas dos dirixentes europeos están supeditadas á ditadura especulativa dunha minoría de depredadores sen escrúpulos que buscan someter a toda a cidadanía.

      O panorama político estatal tampouco augura boas perspectivas para os traballadores e para os cidadáns:

      · O goberno, esgotado na súa acción política para saír da crise, mantén a súa política de recortes erróneos, castigando con sacrificios e penurias inútiles ós traballadores e ós cidadáns.

      · O principal partido da oposición, inmerso en vergoñentas corruptelas e imputacións xudiciais diversas nalgúns dos ámbitos nos que goberna, mantense agochado nos arredores do poder, á espera de tela capacidade para impulsar recortes máis duros e máis radicais nos dereitos sociais.

      · Algunhas forzas políticas periféricas que gobernan xa están aplicando durísimos axustes e anunciaron os seus pragmáticos e insolidarios intereses.

      RESULTA INDIGNANTE QUE, MENTRES OS INSACIABLES ESPECULADORES AUMENTAN BENEFICIOS, OS CIDADÁNS E TRABALLADORES, TEMOS QUE INCREMENTAR PENURIAS E SACRIFICIOS.