FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Os axustes anunciados polo Goberno central supoñen: menos emprego público, menos e piores servizos públicos e mais perda de poder adquisitivo para os empregados e empregadas públicos

      02.01.2012.- CCOO oponse a estes axustes poque supoñen afondar aínda mais na recesión económica pola vía de incrementar o paro, reducir o consumo e cargar maioritariamente os custos da crise sobre as rendas mais baixas.

      02/01/2012.

      Para CCOO as medidas anunciadas polo Goberno Central, no consello de ministros do día 30 de decembro, supoñen mais sacrificios (inútiles) para os de sempre, pois coas medidas anunciados seguirá incrementándose o paro, haberá menos consumo e terán que pagar mais impostos, os que menos teñen, para finalmente ter peores servizos públicos.

      A mais das de carácter xeral, as especificas contra os empregados públicos, de conxelarlle o salario (ata novo aviso) e de prolongarlle a xornada laboral (esta cuestión foi ocultada na xuntanza da mesa xeral para as administracións publicas), supoñen en concreto:

      1.       Unha redución neta de salario, pois hai que traballar mais horas polo mesmo salario (a partir de agora 40 h/semanais), o que significa unha baixada do valor hora/traballada.

      2.       Unha perda de dereitos laborais consolidados, mediante a prolongación da xornada semanal en 2:30h, o que constitúe unha modificación substancial das condicións de traballo, levada a cabo de xeito unilateral e incumprindo o mandato do EBEP (o Convenio Colectivo dos Empregados Públicos), que significa ter que traballar 15 días mais/ano ou ter 15 días menos/ano de descanso (en calquera dos dous supostos significa perder dereitos, ben traballando mais ou pola contra descansando menos).

      3.       Unha nova perda de emprego público, pois á redución do 100% das OPEs, hai que engadirlle a perda de mais de 1600 contratos temporais que se van deixar de facer, só no ámbito da Función Pública, o que significa que outros 1600 traballadores/as pasaran a engrosar as listas do paro en Galicia.   

      Estamos por tanto, diante do novo mantra que consiste en "TRABALLAR MAIS, DESCANSAR MENOS e COBRAR POUCO ou NADA". O chocante é que nin con estas condicións de traballo pre-industriais están dispostos, os "empresarios-negreros" deste pais, a arriscar en proxectos produtivos que, alomenos, supoñan mais emprego e mais consumo, que active a demanda interna como motor de desenvolvemento. Pola contra seguen agardando a que o Goberno de turno adopte medidas que volvan a favorecer a economía do pelotazo ata hinchar unha nova BURBULLA que nos meta na próxima crise "ladrilleira, financeira" ou como se lle queira chamar. A cuestión para eles é darlle volta tras volta á tuerca, mentres obteñan ganancias, sen importarlles que finalmente rebente o tornillo.

      A indignación xa non é suficiente, hai que pasar a acción, pois do contrario, os especuladores, por medio do tándem holográfico "MERKOZY", seguirán insistindo en que a única saída a crise é recortar dereitos, esixindo para elo cada día mais sacrificios ás clases traballadoras, co único obxectivo real de desmontar bocado a bocado todo o ESTADO do BENESTAR, para transferir as rendas públicas, acumuladas coa solidariedade de todos, ao saco da avaricia privada duns cantos especuladores sen escrúpulos. 

      Documentación asociada
      Documentación asociada