FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Máis de mil persoas mobilizáronse hoxe con CCOO en defensa dos servizos públicos

      01.02.2012.- Máis de mil persoas mobilizáronse hoxe con CCOO en defensa dos servizos públicos. O sindicato organizou asembleas en diferentes localidades galegas ás 10 da mañá, e posteriormente concentracións ás 12:30 diante de varios edificios administrativos. O de hoxe é o primeiro día dunha campaña que terá continuidade nos próximos meses.

      04/02/2012.
      Asemblea Ourense

      Asemblea Ourense


      CCOO rexeita a política de recortes e deterioración destes servizos, xa que resulta lesiva para a cidadanía, especialmente nun contexto de crise económica. Comisións lembra que os servizos públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do Estado do benestar, e que deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia.

      Así mesmo, o sindicato recalca que os servizos públicos satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, amais de desempeñaren un papel vertebrador da sociedade, garantía de igualdade das persoas e factor de cohesión social.

      CCOO reclama que os servizos que non foron privatizados ou cuxa xestión non se externalizou continúen a manter a titularidade pública. Tamén esixe mecanismos de regulación e control democrático dos servizos públicos xestionados pola iniciativa privada para garantir unha prestación de calidade.

      Outras reivindicacións do sindicato son a reversión á titularidade da xestión pública directa nos casos en que o carácter universal do servizo público se vexa ameazado, que se garanta o acceso da cidadanía aos servizos de interese xeral, que se manteña e mellore a calidade destes ?para o que cómpre un financiamento suficiente?, así como a prioridade aos investimentos na escolarización de 0 a 3 anos, na atención primaria, nos servizos sociais básicos e na atención á dependencia, xa que son os servizos máis necesarios e con maior potencialidade para xerar emprego.