FSC-CCOO Galicia | 3 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO publica o Galicia Sindical especial contra a reforma laboral INXUSTA cos traballadores e traballadoras, INEFICAZ para a economía e INÚTIL para o emprego

      15.02.2012.- Esta reforma laboral, aprobada unilateralmente polo Goberno é un ataque salvaxe e sin precedentes aos dereitos dos traballadores e traballadoras.

      15/02/2012.
      Galicia Sindical especial contra a reforma laboral

      Galicia Sindical especial contra a reforma laboral

      A reforma laboral aprobada unilateralmente polo Goberno de Rajoy e da que informamos pormenorizadamente neste Galicia Sindical, só regula o despido ao gusto dos empresarios e anaquiza as conquistas laborais e sociais que acadamos os traballadores e traballadoras, ademais de ir en contra dunha sociedade equilibrada e contra a xustiza social.

      Abaratamento e libre despedimento

      Reduce a indemnización de 45 días por ano cun límite de 42 mensualidades, a 33 días cun límite de 33 días con límite de 24 mensualidades.

      Elimina a autorización administrativa dos despidos colectivos (ERES).

      Facilita o despido por incanpacidade temporal e abre a porta ao fraude nesta materia.

      Con 9 meses consecutivos de disminución de ingresos ou ventas, autoriza o despido obxectivo con 20 días por ano cun límite de 12 mensualidades.

      Crease un contrato para empresas de menos de 50 traballadores (o 95% do total de empresas) subvencionado con fondos públicos, é dicir, gratis para o empresario, que poderase extinguir durante o primeiro ano sen indemnización.

      O empresario poderá modificar unilateralmente os salarios, a xornada, horarios e mobilidade xeográfica.

      O persoal non funcionario no sector público poderanselle extinguir os contratos coma na empresa privada.

      Os convenios da empresa terán prioridade sobre sobre calquera outro.

      Discrimina aso parados entre os que cobran desemprego e os que non perciben prestación á hora de ser contratados, subvencionando ás empresas que contraten parados con prestación.

      Permite o despedimento no sector público


      Esta reforma incide na calidade dos servizos públicos e facilita o despedimento dos traballadores e traballadoras das administracións públicas. Contémplase por primeira vez a aplicación do despido obxectivo por causas económicas, técnicas ou organizativas para o persoal con contrato de traballo da totalidade do sector público.

      Postos de traballos ocupados con contratos temporais poderán ser ocupados por desempregados perceptores da prestación por desemprego.


      Esta son algunhas das medidas contempradas nesta salvaxe reforma laboral imposta polo PP que supoñen un paso atrás de mais de 30 anos para as relacións laborais e deixan hipotecadas as mesmas de cara ao futuro. É unha reforma que non crea emprego, só facilita o despedimento. É unha reforma que pretende substituir emprego estable de calidade e con dereitos, por emprego precario, sen dereitos, emprego basura. É unha reforma que busca individualizar as relacións laborais para implantar a lei do mais forte.

      En definitiva, non é unha reforma, é unha agresión que require unha contestación contundente da clase traballadora e da cidadanía en xeral.

      Movilízate o día 19 ás 12 da mañá nas manifestacións que se celebrarán nas 7 cidades de Galicia (os puntos de partida de cada cidade podedes consultalo no Galicia Sindical).