FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO e UGT chaman a unha mobilización masiva para o día 19

      15-2-2012.- Os secretarios xerais do Sindicato Nacional de CCOO e de UGT-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, chamaron a unha mobilización «masiva» contra a reforma laboral para o próximo domingo, día 19 de febreiro.

      16/02/2012.
      Non á reforma laboral

      Non á reforma laboral


      Para os secretarios xerais das dúas organizacións, a reforma laboral imposta unilateralmente polo Goberon do PP é «a agresión máis tremenda aos dereitos dos traballadores do período democrático». Segundo explicaron, as mobilizacións serán «crecentes e sostidas» ata lograr a modificación da reforma no trámite parlamentario.

      O secretario xeral de CCOO advertiu de que os sindicatos organizarán «todas as mobilizacións necesarias» ata que o Goberno central retire o texto, que cualificou de «atraco aos dereitos dos traballadores e das traballadoras». Na súa opinión, a reforma laboral «só responde aos intereses da patronal», e acusou o PP de ser, precisamente, «o PP, 'Partido dos Empresarios'».

      Sánchez Aguión non descartou que os sindicatos de clase convoquen unha folga xeral se o Executivo non rectifica, pero aclarou que non tomarán a decisión en base ás «provocacións do Goberno».

      O que farán agora os sindicatos, ademais da mobilización, é un labor de información en todos os centros de traballo. «Non descansaremos ata chegar ao último traballador ou traballadora para explicarlle como lle vai afectar a reforma», sinalou Aguión.

      LUGARES E HORA DE COMEZO DAS MOBILIZACIÓNS DO DÍA 19:

      ? A Coruña: praza da Palloza, 12h

      ? Ferrol: praza do Inferniño, 12h

      ? Santiago de Compostela: Alameda, 12h

      ? Lugo: edificio sindical, 12:30

      ? Burela: praza do Concello, 12:30

      ? Ourense: pavillón dos Remedios, 12h

      ? Pontevedra: praza da Ferrería, 12h

      ? Vilagarcía de Arousa: avda. da Mariña, 12h

      ? Vigo: cruzamento Vía Norte con Urzáiz, 11:30h