FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Miles de traballadores e traballadoras manifestáronse contra as medidas impostas pola Xunta no sector público

      16-2-2012.- Hoxe tiveron lugar en toda Galicia mobilizacións do persoal do sector público para protestar contra as medidas impostas pola Xunta no ámbito da administración autónómica. As convocatorias estaban impulsadas por CCOO, CIG, CSI-F e UGT.

      16/02/2012.
      Miles de traballadores e traballadoras contra os recortes no sector público

      Miles de traballadores e traballadoras contra os recortes no sector público

      Os traballadores e traballadoras do sector público de Galicia expresaron esta mañá o seu enérxico rexeitamento a política de recorte de gasto que está a aplicar o Sr. Núñez Feijoo na Xunta de Galicia e que afecta a mais de 90.000 empregados e empregadas públicos.

      As organizacións sindicais critican que o goberno de Feijoo "impoña" unilateralmente unhas medidas que o único que fan é deteriorar os servizos públicos reducindo os dereitos laborais dos empegados e empregadas públicos, polo que instan ao executivo galego a que reconduza a súa política de recorte do gasto buscando outro tipo de medidas que non fagan cargar aos traballadores e traballadoras co peso da crise.

      Precisamente, onte tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela unha xuntanza da comisión de persoal que decorreu paralelamente a unha protesta no exterior protagonizada por delegados e delegadas sindicais, así como traballadores e traballadoras da administración autonómica.

      Nesa reunión, o director xeral da Función Pública entregou un novo documento que, en opinión de CCOO, «é o mesmo que o anterior, só que lixeiramente maquillado con algunhas puntualizacións que non cambian nin a forma nin o fondo das medidas».

      Para CCOO, a «irresponsable» actitude da Xunta será respondida por todas as organizacións sindicais, que continuarán coas mobilizacións. Primeiro, o próximo domingo, día 19, contra a reforma laboral. Posteriormente, o xoves, día 23, con manifestacións en toda Galicia en defensa dos servizos públicos.

      Ramiro Otero, coordinador do área pública de CCOO de Galicia, afirmou que si o goberno galego non rectifica, as organizacións sindicais continuarán coas mobilizacións, non descartando a convocatoria de folga no sector público de Galicia.