FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Os traballadores e traballadoras do sector público de Galicia concentranse contra a Lei de medidas no emprego público de Galicia e en defensa dos servizos públicos e de calidade

      05.03.2012.- Mañá, martes 6 de marzo, CCOO, CIG, UGT, CSIF, SAE, SATSE e USO convocan concentracións nos complexos hospitalarios, edificios administrativos e xuzgados de Galicia a partires das 11:30 horas

      05/03/2012.
      Contra os recortes de Feijoo

      Contra os recortes de Feijoo

      As organizacións sindicais, CCOO, CIG, UGT, CSIF, USO, CGT, SAE e SATSE, convocan novas concentracións/manifestacións en toda Galicia, para amosar unha vez mais a seu mais firme rexeitamento á política de recortes seguida polo Goberno da Xunta de Galicia, presidido polo Sr. Núñez Feijoo.

      As concentracións terán lugar nos complexos hospitalarios, edificios adminsitrativos e xuzgados de toda Galicia.

      As organizacións sindicais convocantes insisten en que esta Lei, xunto coa recén imposta polo Goberno de Rajoy, reforma laboral, que contempra por primeira vez o despido nas administraciósn públicas, é un ataque sen precedentes aos dereitos laborais dos empregados e empregadas públicos e  conleva aparellado un deterioro importante dos servizos públicos que presta a Administración Autonómica ao conxunto da cidadanía, que será a que remate pagando os pratos rotos destes recortes.

                                      

      Os sindicatos fan un novo chamamento ao Presidente da Xunta de Galicia, para que recapacite, cambie a súa política e busque un consenso sindical e político que permita apricar medidas de aforro que non repercutan exclusivamente nos empregados e empregadas do sector público e colateralmente nos usuarios dos servizos públicos, que ao final somos todos e todas. De non ser así, os sindicatos tamén advirten que continuarán coa conflicitividade, incrementando as mobilizacións.