FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Centos de traballadores e traballadoras do sector público protestaron nas sete grandes cidades de Galicia contra os recortes da Xunta

      6-3-2012.- Centos de empregados e empregadas do sector público de Galicia concentráronse esta mañá diante de diferentes edificios administrativos, xudiciais e centros sanitarios das cidades galegas para protestar contra os recortes da Xunta, convocados por CCOO, CIG, UGT, CSIF, USO, SAE e SATSE.

      06/03/2012.
      Contra os recortes de Núñez Feijoo

      Contra os recortes de Núñez Feijoo

      As organizacións sindicais convocantes anunciaron que as protestas van continuar cada xoves, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta e ata que o goberno de Núñez Feijóo modifique a súa politica de recortes.

      Os voceiros sindicais insisten en que existen outro tipo de medidas para reducir o gasto na Administración, coma as que presentaron no seu momento no rexistro do Parlamento de Galicia.

      CCOO considera que as medidas son "inxustas e innecesarias" e que persiguen "laminar os servizos públicos" aproveitando a crise economica para ir contra os empregados públicos e contra a cidadanía.

      Todas as organizacions sindicais anunciaron que mañá mércores manterán unha xuntanza para fixar un novo calendario de mobilizacións.