FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Os sindicatos rexeitan a aplicación da Lei de medidas no emprego público de Galicia na mesa da Consellería de Traballo e Benestar

      07.03.2012.- As organizacións sindicais consensuaron esta mañá un novo calendario de mobilizacións en contra da política de recortes da Xunta de Galicia

      07/03/2012.
      Os sindicatos dixeron NON aos recortes da Xunta na Mesa sectorial de Traballo

      Os sindicatos dixeron NON aos recortes da Xunta na Mesa sectorial de Traballo

      As organizacións sindicais, CCOO, CIG, UGT, CSIF, USO, CGT, SAE e SATSE consensuaron nunha xuntanza mantida na mañá de hoxe un novo calendario de mobilizacións contra a política de recortes da Xunta de Galicia, agravada pola reforma laboral imposta polo goberno central, e en defensa dos servizos públicos.

      En concreto, as organizacións sindicais decidiron levar as distintas mesas sectoriais que se convoquen a partires de agora, a mesma postura que xa lle plantexaron á Xunta na Mesa Xeral do pasado mes de febreiro, é decir, o seu mais firme e enérxico rexeitamento ás medidas recollidas na Lei de Medidas no Emprego Público, así coma á aplicación das mesmas.

      Acordaron tamén, convocar concentracións de delegados e delegadas en cada convocatoria de mesas sectoriais que se produzan nos vindeiros días, empezando o día 9 de marzo, data da convocatoria da mesa sectorial da Consellería de Sanidade (ás 11:00 horas diante da sede do SERGAS en Santiago de Compostela).

      Outra das medidas acordadas é a intensificación da campaña de información sobre as consecuencias deste ataque sin precedentes aos dereitos laborais dos empregados e empregadas públicos e a "laminado" dos servizos públicos, buscando a súa privatización.

      O acto central consistirá en novas concentracións/manifestacións diante dos complexos hospitalarios, xuzgados e edificios administrativos das sete principais cidades de Galicia o vindeiro día 22 de marzo.

      Coincidindo con esta xuntanza sindical, unha treitena de delegados e delegadas das organizacións sindicais convocantes, concentráronse díante da Escola Galega de Admón. Pública de Santiago, mentras no seu interior tiña lugar a xuntanza da mesa sectorial da Consellería de Traballo e Benestar, na que os sindicatos repetiron o que lle trasladaron á Xunta de Galicia na Mesa Xeral do mes de febreiro, a súa oposición ás medidas recollidas na Lei, insistindo en que as mesmas non van supoñer un aforro (a propia Xunta non sabe valorar a cuantía que suporán estas medidas) e que existen outras alternativas para reducir o gasto na Adminsitración Autonómica, sin deteriorar a calidade dos servizos públicos e as condicións de traballo das persoas que traballan no sector público galego.