FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO presenta o seu posicionamento sobre o plan de axuste do Concello de Xinzo

      CCOO opta pola negociación da reducción de custos e oponse frontalmente ao ERE de extinción

      25/04/2012.

      CCOO presentou esta mañá na xuntanza da Mesa Xeral do Concello de Xinzo que está a negociar o plan de axuste elaborado ao aveiro do Real Decreto Lei 4/2012 (proveedores), o seu posicionamento e propostas sobre este asunto.

      A xeito de resumo, este plan de axuste plantexa a intención de presentar un ERE de extinción de 25 traballadores e traballadoras como mínimo en base ao RDL 3/2012 por causas económicas ou iniciar cos axentes sociais unha negociación para reducir salarios e xornada en grao suficiente como para axustar as contas, reducindo 500.000? anuais, sendo este o desfase económico cuantificado polo Concello.

      O posicionamento de CCOO con respecto ao plantexado polo Concello é claro, considerando que a mellor saída das dúas plantexadas (ERE de extinción ou negociación de reducción de custos) é a segunda, é dicir, preferimos unha negociación aberta que marque o equilibrio entre ingresos e gastos e que resolva no tempo o desaxuste existente, sin que ningún traballador ou traballadora do Concello perda o seu posto de traballo.

      Os criterios que debe reunir a negociación, a xuízo de CCOO, debe pasar pola equidade, é dicir, ser suficientes, pola igualdade (que todos aporten segundo os seus recursos e, polo tanto, proporcional aos ingresos) e legalidade (que se axuste á norma), todo esto presidido pola razonabilidade, é dicir, que se poida explicar coa lóxica da razón, sin ir mais lonxe do necesario e que profese de boa fe.

      Sentadas estas bases, debe acompañarse dun Plan de Axuste, que de xeito permanente conteña unha negociación sostida de vixiancia e cumprimento do pactado e debe conter medidas concretas de actuación que melloren os ingresos do Concello, marquen o reparto ou destino dos mesmos e que poidan cubrir futuras melloras sociais e económicas para todos os traballadores e traballadoras (antigüidades, revisións salariais, etc.) debido á magnitude da débeda e o tempo que prevé o plan presentado que é demasiado longo (dez anos) como para non prever melloras laborais e sociais.

      Para CCOO, deben aplicarse tamén outros criterios razoables, por exemplo, que ningún traballador ou traballadora a tempo completo baixe a unha cotización por baixo do mínimo e que non se convirtan os contratos de xornada completa, en contratos a tempo parcial (coas consecuencias que esto tería na cotización á Seguridade Social).

      CCOO aposta porque non se leven a cabo despidos neste proceso. Únicamente se rebaixará a plantilla por xubilacións, remate de contratos temporais ou baixas voluntarias, quedando ese remanente de aforro salarial para incrementos futuros de salarios ou xornadas dos de tempo parcial. Tamén esiximos un compromiso de non incrementar a plantilla con fondos do Concello ata non ter actualizados os salarios deixados de percibir polo conxunto da plantilla do persoal laboral do Concello de Xinzo.

      Finalmente, CCOO estamos abertos a suxestións, adaptación ou modificación da nosa posición, si con esto conséguese, por consenso ou maioría, unha postura final encamiñada ao asinamento do acordo.

      Toda vez que xa vai habendo propostas concretas, CCOO convocará nas vindeiras datas unha asemblea informativa para os traballadores e traballadoras do Concello, onde explicaremos a nosa postura e recolleremos as propostas que recibamos da plantilla.

      As negociacións continuarán o vindeiro, mércores 2 de maio, cando está novamente convocada a Mesa Xeral de Negociación.