FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Xornada de loita nas administracións autonómica

      Concentracións diante das sedes da Xunta contra os recortes e en defensa dos servizos públicos

      18/06/2012.
      Xornada de loita nas administracións autonómicas

      Xornada de loita nas administracións autonómicas



      CCOO e UGT protagonizaron o pasado día 14 de xuño unha xornada de loita nas administracións autonómicas, que en Galicia consistiron en concentracións diante de diferentes sedes da Xunta en toda Galicia para protestar contra os recortes e defender os servizos públicos.

      CCOO e UGT denuncian que as políticas de «austeridade» dos distintos Gobernos están levando á destrución do estado do benestar e ao desmantelamento dos servizos e empregos públicos. Neste contexto, a deterioración dos servizos públicos provocará un gran prexuízo para a maioría social.

      Baixo o lema «#DefendeoPúblico», houbo accións reivindicativas en todas as comunidades autónomas. As críticas á reforma laboral e a esixencia de situar a creación de emprego como prioridade para a recuperación económica serán dous dos eixes das proclamas.

      En Galicia houbo concentracións pola mañá diante da sede central da Xunta, en Santiago de Compostela, e os edificios administrativos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Tamén en Vilagarcía de Arousa diante do INTECTMAR.