FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    A remuneración dos empregados públicos baixou un 19% o ano pasado

      12/03/2013.
      INE

      INE

      Según os datos publicados nesta semana polo INE, este descenso é o máis intenso rexistrado nunca, e lastra os custes salariais en España. 

      Entre outras cuestións, o informe reflicte como o custe por asalariado dos traballadores da Administración Pública, por exemplo os corpos de seguridade ou o persoal da Seguridade Social, baixou un 16% no cuarto trimestre  (un 19% con respecto ós últimos meses de 2011). Outros exemplos do informe son: redúcense con forza os custes entre o colectivo dos empregados da sanidade, con un descenso sen precedentes do 12%; e entre os da educación, onde baixan un 4,5%, aínda que nestes dous grupos de traballadores tamén hai asalariados de centros privados, que fai que o descenso medio sexa menor. 

      Como pode imaxinarse estes descensos de retribucións nos empregados públicos, terán consecuencias moi negativas tamén no resto da poboación, pois o custe salarial está directamente ligado e ten consecuencias relacionadas cos salarios da maioría dos traballadores.

       E por suposto o está tendo na nosa economía persoal como traballadores e na economía de España.