FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Xóvenes CCOO apoia a mobilización do 7 de abril para denunciar a emigración forzosa da xuventude.

      Xóvenes españois emigrados manifestaranse este domingo en cidades de todo o mundo baixo o lema "Non nos imos, nos votan". O seu obxectivo é denunciar o exilio forzoso de miles de persoas e buscar a maneira de loitar conxuntamente por cambiar a súa situación e combater o paro e a precariedade.

      04/04/2013.
      Mobilizacións xovenes.

      Mobilizacións xovenes.

      Un paro xuvenil do 43%, que sobrepasa o 55% entre os menores de 25 anos e que chega ó 74% entre as persoas de 16 a 19 anos. Unha temporalidade ancorada desde fai anos no entorno do 50%. Becas fraudulentas, emprego somerxido, precariedade, persecución sindical e un sistema produtivo incapaz de aproveitar a formación de miles de xóvenes.

       

      Todo elo xunto cos crecentes recortes, as retiradas das escasas axudas á emancipación e o desmantelamento do Estado de Benestar, constitúe un cóctel explosivo que está levando a miles de xóvenes españois a emigrar. De feito, según cálculos de xóvenes CCOO, máis de 45.000 persoas de ata 35 anos  víronse forzadas a facer as maletas entre comezos de 2010 e o primeiro semestre de 2012.

       

      A resignación non é unha opción

       

      A xuízo de xóvenes CCOO, non hai solución que non pase pola organización colectiva da xuventude, estea estudando, traballando ou buscando emprego,  para reivindicar os seus dereitos, defender o presente e conquistar o futuro.

       

      A resignación non é unha opción ante o intento por parte do poder económico e dos gobernos ó seu servizo de acabar cos dereitos da poboación traballadora e, particularmente, da xuventude. A loita nas empresas, no ámbito académico e no conxunto da sociedade é, neste momento, máis necesaria ca nunca.

       

      Por todo elo, xóvenes CCOO respalda as mobilizacións do domingo 7 de abril en multitude de cidades de todo o mundo, entre as que se atopan Madrid e Zaragoza, para denunciar o exilio forzoso de miles de persoas e manifestar que hai alternativas a un modelo social e económico que exclúe á gran maioría da xuventude e condena á miseria a amplas capas da sociedade.