FSC-CCOO Galicia | 3 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Asina na campaña europea "O auga e o saneamento son un dereito humano"

      Desde a FSC de CCOO, estamos participando na Iniciativa Cidadá Europea (ICE) , o auga e o saneamento son un dereito humano, á proposta da Federación Europea de Servizos Públicos (FSESP).

      18/06/2013.
      Imagen de la campaña para la Iniciativa Ciudadana Europea.

      Imagen de la campaña para la Iniciativa Ciudadana Europea.

      O obxectivo fundamental da campaña é parar a decisión da Comisión Europea de privatizar o auga a través da Directiva de Concesións. O noso compromiso é alcanzar como mínimo o apoio de 50.000 sinaturas dun total de 1.000.000, que é preciso recoller entre todos os países da Unión Europea, para presentar a ICE no Parlamento Europeo, sen estas sinaturas a Iniciativa non sairía adiante, sendo responsabilidade nosa non alcanzalas.
      No último Plenario Confederal de Saúde Laboral e Medio Ambiente  acordouse dar un novo impulso á recollida de sinaturas. Por este motivo, unha vez máis, dirixímonos a ti para que coa tua actividade sindical na empresa ou na administración, poidamos, A través do apoio da tua sinatura neste enlace (despois debes pinchar en apoiar e elixir país) coa colaboración de todas e todos os traballadores do centro de traballo, amizades, familia.... evitar este ataque ó dereito fundamental para a vida como é o acceso ó auga en condicións seguras en calidade e abastecemento.