FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO NON ACEPTA UN ERE SEN TAXA DE REPOSICIÓN QUE CUBRA AS NECESIDADES DE RENFE ACTUAIS E DUN ESCENARIO DE COMPETENCIA

      En reunión mantida onte, Renfe propuxo os Sindicatos da empresa, un ERE a cuxas condicións básicas de universalidade e voluntariedade, xa comunicadas anteriormente, se unen outras novas.

      09/07/2013.
      Renfe propuxo onte un ERE con condicións algo máis claras que ata agora

      Renfe propuxo onte un ERE con condicións algo máis claras que ata agora

      En reunión mantida onte, Renfe propuxo os Sindicatos da empresa, un ERE a cuxas condicións básicas de universalidade e voluntariedade, xa comunicadas anteriormente, se unen as seguintes, que foron comunicadas onte por vez primeira:

      - Para o ano 2013, afectando a unhas 500 persoas, sen taxa de reposición en 2013, despois estudarase.
          - A indemnización aos que se acollan será menor se ao final hai algo de taxa de reposición.
       - Os novos contratos para técnicos titulados de entrada serán salarios moito máis baixos.
       - Non habería taxa de reposición en Organismos Corporativos nin en Mercadorías, e podería haber algo en Viaxeiros e en Talleres.

      Os argumentos que dá a empresa son esencialmente que a taxa de reposición pon en perigo de números vermellos o exercicio. Habería que esperar aos Orzamentos Xerais do Estado de 2014. Ademais para levar a cabo o ERE a empresa argumenta que a plantilla está sobredimensionada, e existen desaxustes en canto á situación xeográfica e baixo aproveitamento do persoal.

      CCOO está a insistir na necesidade de que calquera ERE conteña unha taxa de reposición razoable, de modo que en Renfe non se perda emprego e non se debilite a empresa coa plantilla cuantitativamente a máis reducida de Europa, e cualitativamente das de idade media máis alta de Europa.

      Esta cuestión, está unida tamén ao modelo de segregación en Sociedades Anónimas, modelo que non é compartido por CCOO por non ser garantía dunha maior eficiencia, por aumentar as duplicidades estruturais e polo tanto os custes e por non fortalecer a empresa pública no escenario da competencia.

      Por iso, este sindicato non asinará un ERE que conteña formulacións exclusivas de redución de persoal. As empresas Adif e Renfe Operadora son as que teñen maiores ingresos por traballador e menor número de traballadores por KM de vía e por millón de habitantes de toda a Comunidade Europea, e polo tanto un ERE para reducir persoal pode poñer en perigo a continuación das actividades destas empresas.