FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    A historia do 1º de Maio é a historia dos "Mártires de Chicago"

      Perante máis dun século, o 1º de Maio ven sendo una xornada de loita e reivindicación. Trátase tamén dunha festa, a Festa do Traballo ou dos traballadores e traballadoras. Representa, xunto á bandeira roxa quizais, a tradición máis universal e persistente do movemento obreiro, con sólidos rituais en cada celebración local ou nacional. O 1º de Maio obreiro simboliza a renovación anual da forza da clase traballadora. Representa tamén a reformulación do ideal de cambio cara a unha nova sociedade.

      29/04/2022.
      Os Martires de Chicago.

      Os Martires de Chicago.

      Alá polos anos do l880, nacía a "Federation of Organized Trade and Labour Union? (federación de organizacións de sindicatos de traballo e comercio de EE.UU.). Naquel tempo as folgas de ferroviarios, ou as reunións e asembleas de traballadores e traballadoras, ou as grandes mobilizacións obreiras, eran reprimidas a forza de balazos, golpes e cadea. No l886, o Presidente dos EE.UU. Andrew Johnson promulgou a lei chamada Lei Ingersoll, que tentaba establecer a xornada de oito horas de traballo, lei que por suposto non chegou a entrar en vigor. A federación resolveu entón, defendela mediante unha folga Xeral en todo EE.UU. que comezou precisamente o 1º de Maio de l886, e por medio dela tentar abolir as xornadas vixentes ata ese intre de 12 ou 14 horas diarias, ás que se atopaban sometidos tanto homes como mulleres e nenos, a cambio de salarios miserables.

      O corazón do movemento a nivel nacional, atopábase en Chicago, movemento que rematou por conseguir un apoio masivo. Así chegado o 1º de Maio, decenas de milleiros de traballadores e traballadoras, parados e paradas, saíron en protesta á rúa en diversas cidades de EE.UU., como Nueva York,, Detroit ou Cincinnati, paralizando a produción. En Chicago, a folga conseguiu parar case completamente a cidade. Ante esta situación as grandes corporacións empresariais como a fábrica de materiais Mc Cormick, contrataron verdadeiros exércitos privados para romper, a base de violencia, as reunións e asembleas convocadas por los traballadores.

      O 3 de Maio namentres unha parte dos traballadores xunto coas súas familias congregábanse fronte á planta de Mc Cormick , chegaron as forzas de "orden" cargando contra os manifestantes, reprimindo brutalmente a traballadores, mulleres nenos e anciáns, cun saldo de varios mortos e moitos feridos.

      A seguinte asemblea foi realizada nun lugar aberto denominado Haymarket. A reunión transcorreu sen ningún incidente ata xusto o seu final, e no momento en que se atopaba falando o último orador, namentres a xente se dispersaba pola chuvia e apenas quedaban uns centos de traballadores, presentouse un destacamento de 200 policías fortemente armados ordenando os presentes disolverse.

      De pronto no ceo xurdiu un obxecto luminoso (una bomba) que explotou ferindo a varias persoas, a continuación a policía transformou Haymarket en zona de tiro indiscriminada. Centos das persoas congregadas foron feridas, algúns tiroteados a queimarroupa, e a sangue tinguiu as rúas de Chicago. Ninguén sabe quen tirou a bomba, existen versións firmes, que sinalan a autoría dun provocador de nome Rudolf Schnaubelt, quen a pesares de haber sido detido dúas veces, en cada unha recuperou a liberdade. Os donos do poder político e económico utilizaron este acontecemento para desatar unha cacería de bruxas en contra dos dirixentes da federación, en especial daqueles identificados como anarquistas. Clausuráronse os periódicos, invadíronse os fogares e locais dos obreiros e prohibíronse as asembleas e reunións políticas. Os xornais sinalaron co dedo acusador ós dirixentes anarquistas, esixindo para eles a cadea e a forca. O xuízo que xulgou ós presuntos responsables foi vilmente manipulado, se lles acusou de complicidade de asasinato, aínda que nunca se lles puido probar relación algunha co incidente da bomba, entre outras cousas porque a maioría deles no habían estado presentes no lugar dos feitos, namentres un dos dous que si se atopaban era nin máis nin menos que o orador. O xurado estaba formado por homes de negocios e un parente de un dos policías mortos. O fiscal, sen máis, aclarou que acusouse ós prisioneiros porque foron os líderes da xornada, solicitando un castigo exemplar que permitira salvar as institucións en perigo. Catro dirixentes anarquistas, a saber: Spies, Parsons, Engel y Fischer, foron levados á forca, o mediodía do venres 11 de novembro de 1887. Máis de medio millón de persoas asistiron ó acto fúnebre.

      No 1893, un novo gobernador de Illinois, John Atgeld, accedeu a revisar o proceso. As dilixencias practicadas polo xuíz Eberhardt entón estableceron que os aforcados non cometeran ningún crime e que "foran vítimas inocentes dun erro xudicial?. Schwab, Fielden e Neebe foron postos en liberdade. A irmá da testemuña Waller demostrou ó xuíz que todo o dito por el era falso e demostrou cómo se comprara a súa testemuña; recolléronse declaracións contra o capitán Bonfield, que manifestara no xuízo: "Déanme uns tres mil de eses anarquistas e eu saberei o que teño que facer con eles?; demostrouse cómo o procurador especial Rice dispuxo a integración expurea do Xurado e outros delitos semellantes. Pero xa era demasiado tarde. Aqueles inocentes, "vítimas dun erro xudicial?, estaban mortos.Hoxe descansan nun panteón e en todos os países do mundo son recordados como símbolo de dignidade da clase traballadora.

      Neste 1º de Maio do 2014, cúmprense xa 128 anos desde a xornada de l886, e por desgraza unha gran parte da cidadanía do mundo pouco ou nada coñece, recorda ou reivindica sobre aquela epopea de resistencia e loita da clase obreira. A estratexia globalízante tenta baleirar tamén de contido e significación o 1º de Maio, que na maior parte do mundo é tan so un día, non laborable, festivo, e ata pueril.

      Por todo elo CCOO asume a responsabilidade de non esquecer, de recordar, de conmemorar e festexar todos os anos esta data como símbolo inesquecible da Loita de Clases, como a data na que a clase obreira rompeu definitivamente co medo para reclamar, para esixir para conseguir uns dereitos de clase e unhas condicións de traballo e de vida dignas.