FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Vilagarcía e comarca saíron á rúa na defensa dos postos de traballo de LANTERO

    • A negociación está nun momento crucial

    Milleiros de cidadáns saíron onte polas rúas de Vilagarcía en apoio dos traballadores e traballadoras de Lantero, en folga indefinida desde ai un mes.

    07/11/2014.
    Lantero

    Lantero

    O conflito que está neste intre no seu momento máis crucial, a negociación estase a dar coa mediación do AGA de relacións laborais, avanza con grandes dificultades e no medio dunha enorme tensión.
    As posicións estando moi distanciadas aínda, onte avanzaron un chisco ó producirse un pequeno movemento entre as partes, ó xurdir a posibilidade de cambiar despedimentos por xubilacións voluntarias e anticipadas, non habendo acordo no número.
    A empresa segue a manter, aínda así, as pretensións dunha rebaixa salarial de entre o 20% e 30% para o resto, aplicando ademais novos criterios de variabilidade, unha parte fixa do salario actual pasaría a ser variable en función dos resultados anuais da empresa, produtividade e absentismo.
    Así as cousas as posición seguen a estar o suficientemente afastadas entre as partes como para non ser demasiado optimistas, e hoxe continúan as negociacións contra reloxo, habida conta de que o tempo que a lei establece está apiques de rematar.
    O lema segue a ser o mesmo que o principio, "ou todos ou ningún", para CCOO non existe outra saída.